Manual De Instrucións - Fagor FSE 8214 Mode D'emploi

Table des Matières

Publicité

Les langues disponibles
  • FR

Les langues disponibles

  • FRANÇAIS, page 5
Manual de instrucións
Este aparato, destinado a un uso exclusivamente doméstico, foi concibido para labado e
secado de roupa.
Moi importante: Le integramente este manual antes de instalar e utiliza-la lavadora.
A documentación e accesorios, encontraralos no tambor da lavadora-secadora.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados co debuxo
correspondente.
Seguridade
• A presión da auga á rede deberá estar entre 0,05 e 1 Mpa (0,5 a 10 kg/cm
• Non utilices prolongadores nin adaptadores para conecta-la lavadora-secadora.
• A instalación eléctrica debe estar dimensionada á potencia máxima indicada na
placa de características e a toma de corrente eléctrica coa toma a terra
regulamentaria.
• Se o cable de alimentación está danado, debe ser substituído polo seu servizo
postvenda ou persoal cualificado similar co fin de evitar un perigo.
• Non manipula-lo interior da lavadora-secadora. Ante de calquera problema que non
poidas solucionar, chama ó servizo técnico.
• Este aparato poden utilizalo nenos con idade de 8 anos e superior e persoas con
capacidades físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou falta de experiencia e
coñecemento, se se lles deu a supervisión ou instrución apropiada respecto ó uso do
aparato dunha maneira segura e comprenden os perigos que implica. Os nenos non
deben xogar co aparato. A limpeza e o mantemento que se debe realizar por parte
do usuario non deben realizalos os nenos sen supervisión.
• Non secar artigos sen lavar na secadora de tipo tambor.
• Os artigos que se mancharon con substancias coma aceite de cociñar, acetona,
alcohol, gasolina, queroseno, quitamanchas, augarrás, ceras e substancias para
elimina-la cera, deberíanse lavar en auga quente cunha cantidade extra de
deterxente antes de secalos na secadora de tipo tambor.
• Artigos coma goma de espuma (espuma de látex), gorros de ducha, tecidos
impermeables, artigos forrados de goma e roupas ou almofadas recheas de anacos
de goma de espuma non se deberían secar na secadora de tipo tambor.
• Os suavizantes ou produtos similares deberíanse usar tal e como se explica nas
instrucións do suavizante.
• Non se debe instala-lo aparato detrás dunha porta pechable coa chave, unha porta
corredoira ou unha bisagra no lado oposto á da secadora de tipo tambor.
• A parte final dun ciclo de secadora de tipo tambor prodúcese sen calor (ciclo de
arrefriamento) para non dana-los artigos. Non parar nunca a secadora de tipo
tambor antes da fin do ciclo de secado, a non ser que se retiren rapidamente
tódolos artigos e se estendan para que se disipe a calor.
g a l e g o
2
).
61

Publicité

Table des Matières
loading

Table des Matières