Télécharger Imprimer la page

Brandt BFC2302NW Manuel D'utilisation page 20

Publicité

Les langues disponibles
  • FR

Les langues disponibles

  • FRANÇAIS, page 4
All manuals and user guides at all-guides.com
Dispensador de auga
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo dispensador de auga.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.
O dispensador de auga é un sistema que permite
servir bebidas frías en calquera momento do día sen
necesidade de abri-la porta do frigorífi co. Este sistema
non require toma de auga.
Antes de utilizar por primeira vez o dispensador de auga,
é recomendable realizar unha limpeza do circuíto e os
seus compoñentes (ver punto 2).
1
Uso
1.1 Compoñentes. O dispensador de auga está
composto por: (interior) 1. tapa, 2. fi ltro, 3. portafi ltro,
4. válvula, 5. depósito. (exterior) 6. dispensador, 7.
soporte antigotas.
Enchido do depósito
1.2 Auga embotellada. Non é necesario o uso do
fi ltro, polo que podes retira-lo portafi ltros. Abre a
trampiña superior (1.2.1) e enche (1.2.2).
1.3 Auga corrente. É recomendable a utilización
do fi ltro para auga corrente. Extrae o depósito do
frigorífi co (1.3.1). Se non hai colocado un fi ltro,
retira a tapa superior (1.3.2) e introduce un fi ltro no
portafi ltros (1.3.3). Enche de auga corrente (1.3.4)
e espera a que a auga pase integramente polo
fi ltro (1.3.5). Unha vez fi ltrada, enche o depósito
completamente (1.3.6), pon a tapa superior (1.3.7)
e coloca o depósito no frigorífi co tendo coidado de
situa-la válvula correctamente (1.3.8). Tamén podes
enche-lo depósito sen extraelo coa axuda dunha
xerra ou botella.
Sírvete auga fría
1.4 Auga fría sempre a punto. Preme cun vaso ou
copa a panca dispensadora no exterior do frigorífi co,
coidando que o vaso estea ben colocado. Unha vez
servida a cantidade desexada, mantén o vaso uns
segundos sen premer para evitar goteos.
1.5 Primeira utilización tras un período de
desuso. Tras un período de desuso, na primeira
utilización, pódese detectar un sabor desagradable
na auga. Aconséllase desbota-lo primeiro vaso.
2
Mantemento e
limpeza
Recoméndase limpa-lo dispensador e os seus
compoñentes periodicamente.
2.1 Limpeza do soporte antigotas. Retira o soporte
tirando cara a fóra. Límpao con auga e deterxente.
Coloca de novo o soporte.
2.2 Limpeza do circuíto. Enche o depósito con
auga quente e vinagre branco e baléirao utilizando
a panca dispensadora. Aclara enchendo o depósito
con auga limpa e baléirao utilizando a panca
dispensadora.
20
g a l e g o
2.3 Limpeza do depósito. Retira o depósito do
frigorífi co e limpa os seus compoñentes con auga e
deterxente. Aclárao con auga abundante.
Non mólle-lo fi ltro, xa que perderá tódalas súas
propiedades.
2.4 Limpeza da válvula. Extrae a válvula do interior
do depósito empurrando cara abaixo e xirando á
dereita (2.4.1). Lava a válvula e o resorte cun cepillo
fl exible utilizando unha mestura quente de auga e
vinagre (2.4.2). Vólveo a colocar na súa posición.
Os accesorios non son aptos para lavalouzas.
3
Diagnósticos
Non sae auga. Comproba que o depósito está cheo
e correctamente colocado na súa posición.
Fuga de auga no interior do frigorífi co.
Comproba que o depósito está correctamente
colocado.
O depósito non sae. Tira cara arriba cun
movemento de balanceo de dereita a esquerda.
Perda de auga na válvula do depósito. Comproba
que a válvula está correctamente encaixada no seu
sitio.
Inserción difícil do depósito. Humedece con auga
a xunta de estanquidade do depósito (1.3.8).
Sabores ou olores desagradables na auga. Despois
dun tempo de desuso do dispensador, a auga pode ter
absorbido sabores do sistema de condución ou olores
dos alimentos. Aconsellámoslle as seguintes accións:
• Desbota-lo primeiro vaso de auga.
• Baleirar e limpa-lo contedor de auga e renova-la auga.
• Tapa-los alimentos adecuadamente para evitar
transferir olores e sabores á auga.
4
Seguridade
Non utilíce-lo teu dispensador con bebidas gasosas ou
que teñan moito azucre. Poderían dana-lo sistema e
producir un problema de hixiene.
Se utilíza-lo teu dispensador con auga corrente ou como
dispensador de infusións, é aconsellable o uso dun fi ltro
e realizar limpezas de forma frecuente.
Se usas auga embotellada, non é necesario o fi ltro.
Os fi ltros subminístranse por separado no seu Servizo
Postvenda ou nunha distribuidora autorizada da marca
Clearit.
O fi ltro débese cambiar despois de 1 mes de uso.
Manten os fi ltros esgotados e os recambios fóra do
alcance dos nenos; inxerilo en grandes cantidades pode
ser perigoso.

Publicité

loading